Monday 20 de May de 2024

BoqueixON empresas, a iniciativa do Concello de Boqueixón para apoiar a reactivación do tecido comercial e empresarial


 

O goberno municipal prepara iniciativas para apoiar a reactivación da economía local e a dinamización do comercio

O Concello de Boqueixón pretende acompañar ó tecido empresarial local no proceso de desescalada para contribuir á reactivación da economía. Unha das primeiras medidas que puxeron en marcha é BoqueixON Empresas, unha proposta dixital na que a través das redes sociais profundizarán na promoción das empresas locais.
Para participar os propietarios e propietarias de cada un destes establecementos deberán etiquetar o perfil de @ConcelloBoqueixón en Facebook e utilizar o hashtag #BoqueixONEmpresas na súa publicación na que describan cales son os produtos e servizos que ofrecen ou se teñen algunha oferta especial. Deste xeito, o Concello compartirá no seu perfil a información destas empresas co obxectivo de que poidan acadar un maior público, e por tanto, dirixirse aos seus potenciais clientes.